Xira europea

 

En xuño teremos carriña overdose; emprenderemos unha xira que nos levará por Euskadi, Francia e Alemaña. Consultade as datas aquí.

 

 

O videoclip do Calamar

 

Aqui tedes o videoclip que nos fixeron os nosos heroes Isaac Cordal e Roi Fernández (o tocaio do baixisa, o que é bo pavo) de Fundación Intemperie. O alumbramento ven cun pan debaixo do brazo, xa que quedou finalista no Festival Internacional de Videoclips Musiclip. Podedelo ver en boa calidade na web de galiciaaraias.com

 

 

 

 

Charades + The Homens

 

 

Charades achegaranse en xuño a Galiza a presentar o seu novo disco "En ningún lugar", probablemente o mellor disco que escoitamos este ano. Teremos o pracer de acompañalas nos seus concertos de Vigo e Ferrol. Consultade o resto de datas aqui.

 

 

Merchandising

 

Temos novas camisetas. Estarán dispoñibles nos nosos concertos.

 

 

Non podo máis segundo Projecto Mourente

 

Unha das persoas que máis admiramos no Mundo Mundial, o noso querido Carlos Valcárcel, tamén coñecido coma Projecto Mourente, acábanos de facer este precioso agasallo. Trátase da súa visión de Non podo máis, e como ven ocorrendo últimamente, a versión é mellor que o orixinal. Desfrutádea e estade atentos porque Mourente está rematando a gravación do seu segundo disco e aseguramos que o ides flipar.

 

Descarga Non podo máis (projecto Mourente reprise)

 

 

Single con Samesugas

 

Aabamos de publicar un single en Lixo Urbano/Crack Records coa nosa banda irmá Samesugas. Trátase dunha edición limitada de 500 copias en vinilo laranxa de dous temas inéditos de cada banda e dunha versión por grupo; nós facemos 'Sara e Loli' ('Sad & Lonely' no orixinal) e Samesugas fan 'Desaparece'. Podedelo atopar nos nosos concertos, no Bartolo e Tenda Reixa (Santiago) ou enviando un mail a info@crackrecords.es

 

Cara Samesugas:
1.- Let You Win (Samesugas)
2.- Desaparece (The Homens)

Cara The Homens:
1.-Nada que aproveitar (The Homens)
2.-Sara e Loli (Samesugas)

 

 

Xira de presentación

 

Na sección de concertos tedes as datas actualizadas da xira de presentación de Tres.

 

 

 

Estamos de volta

 

Xa está nas tendas o primeiro disco longo de The Homens! Tres (Falcatruada, 2007) estará editado nun formato especial que inclúe vinilo, cd de audio, mp3 e póster con pasatempo incluído, ademáis da versión habitual con cd de audio e mp3. Tamén podes escoitar as cancións entrando na sección de descargas da web que estreamos para celebrar o nacemento deste novo traballo.

 

Podedes adquirir Tres a través de internet en trastenda.com, nas vosas tendas de discos habituais e nos nosos concertos

 

amplía a imaxe

 

 

Tres

 

Lóxica aplastante: detrás do #1 vai o #2, e, máis tarde, o Tres. Despois de tres anos percorrendo sen parar os escenarios de toda Galicia e de Portugal, The Homens presentámosvos o noso primeiro disco longo, gravado nos Estudios Ultramarinos Costa Brava baixo a supervisión de Santi García e Víctor García. Do extremismo melódico ao ruído espeso, do punk desatado aos arranxos delicados, Tres contén once liscas de pop enerxético, guitarras ruxidoras e estribillos cantables que xa podes atopar na túa tenda de discos ou vía internet

 


 

 

 

Descarga Tres

 

Calamar

Cen días

Mr. Vai Mal

Monumentos

Mira por ti

Opositora (só no disco)

Monte Moriah

A bolsa de Tokio

Dance the troita (só no disco)

La Colombière

Prende o sol

 

 

Próximos concertos

 

9 Maio / Cariño
17 Maio / Santiago
23 Maio / A Estrada
24 Maio / Santiago

 

6 Xuño / Romo (Getxo)

11 Xuño / Trier (ALE)

13 Xuño / Tübingen (ALE)

20 Xuño / Vigo

21 Xuño / Ferrol

 

Máis datas +

 

 

   

thehomens (arroba) gmail.com

info (arroba) falcatruada.com

info (arroba) deica.es

 

Todos os contidos desta web están baixo licenza Creative Commons

 
   
   
   
 

 

Deseño: Logoferoz     Fotografía: Janite